Reticencia Galega

7.12.06

MINIMANIFESTO


A Asociación de Xente Normal (AXN), por medio da súa filial Asociación de Amigos da Xente Normal (AAXN), anuncia o nacimento dun novo partido regionalista gallego radical, dubitativo, sen adscripción ideolóxica (nunca se sabe a quen lle haberá que pedir un favor) e cunha fonda vocación extraparlamentar.

Os Reticentes queremos manifestar con total contundencia a nosa absoluta falta de posición ante os grandes problemas da actualidade. En termos de programa, e a respecto da escena partidaria da nosa Comunidade, non hai nada importante que nos distinga nin temos nada relevante que aportar. Se acaso, expresamos a nosa extrañeza pola rotundidade coa que se empregan no día a día os partidos políticos en Galicia, comportamento que a parte de chulesco e medio raro, é completamente alleo á nosa realidade social e deturpador das nosas esencias incertas (pouco normal).

Os eslógans de RG, a día de hoxe, son os seguintes:

"Reticencia Galega: A forza débil"
"Reticencia Galega: O partido da xente normal"
"Reticencia Galega: Ao final, nunca se sabe"
"Reticencia Galega: Igual si; non decimos que non"
"Reticencia Galega: Reticentes por Galiza"

Venceremos! (igual non convencemos, nin falta que fai)

8 Comments:

At 12:16 p. m., Anonymous xocoso said...

Quixera facer unha pequena achega: a necesidade de artellar unha Fundación da Xente Normal (FXN) que poida darlle unha paguiña a toda esa xente normal que aínda non é mileurista e que non ten nin para as cañas.

 
At 6:54 p. m., Anonymous Anónimo said...

Que pasou cos lemas como "farase o que se poida" ou "cando gañemos, xa veremos"?

 
At 3:16 a. m., Blogger Agustín Romero Barroso said...

pos valla merda, ¿o frol?

saludiños dun gayego

 
At 4:26 p. m., Anonymous Anónimo said...

E o programa electoral? Vos tamén ides poñer teleféricos (como en Lugo polo PP e en Santiago polo PSOE), crear cemiterios de mascotas (en Salvaterra, por non recordo qué iluminado) ou fundar unha aldea-museu rural con todos os paisanos facendo que traballan duramente e de xeito tradicional para levar turistas a faceren fotos (a proposta era do BNG pero non recordo onde ían coloca-lo banco de probas)??? Veña, home, se hai partido haberá programa, ou???

 
At 1:20 p. m., Blogger Subcomandante Foucellas said...

RETICENCIA? Con todo o respeto do mundo que significa iso?


por certo:


UN SAUDO.

http://resistenciagalega.blogspot.com

 
At 4:53 a. m., Blogger xabier x xardón said...

Eu entrar entraba no novo partido, pero inda me (con)sinto reticente de máis de momento. Con todo, aí vai unha achega previa á unidade da xente normal como mostra de boa vontade:

eiiiiii reticencia!!!!!!!!


saúde, sentidiño e coidado cos golpes na cabeza

xxx

 
At 7:39 a. m., Anonymous mother of the bride dresses with jacket said...

I am enjoy reading your blog, thank you very much! And I will keep reading!

 
At 8:11 p. m., Anonymous Lugar Teniente Chuzo said...

Hoisteis! A min todo esto bosme parece mui estranho, porque...se sodes reticentes como presumirdes, como caralho é que bos tirades assim ao público com tanto despriegue de medios?...Bos outros nom me seredes um otro submarino de o tal Samuel, OU?

 

Publicar un comentario

<< Home