Primeira MANIFA de Reticencia Galega

RG acaba de celebrar, cun espectacular éxito de público, a primeira manifestación da súa curta historia. O acto, ao que acudiron perto de 8 millóns de persoas, foi considerado polas restantes formacións políticas coma unha exhibición de forza e un desafío ao actual sistema de partidos.
Así, Núñez Feijoo referiuse a el como: "eran cuatro pelagatos". Mentres tanto, o bipartito fixo unha declaración conxunta na que salientaba "o carácter cívico, e en todo momento dubitativo" da manifestación, nun claro guiño a RG de cara a futuras alianzas.
A imaxe fala por si soa.
El Progreso del Hugo


